treboada

Comunicación con perspectiva de xénero e formación en igualdade

Comunicación con perspectiva de xénero e formación en igualdade

Sobre treboada

Treboada é unha consultoría de comunicación ética e social con perspectiva de xénero. A comunicación inclusiva e a promoción da lingua galega son os motores do proxecto. Cremos que é posible realizar unha comunicación responsable, menos invasiva e presa do algoritmo. Os nosos valores defínennos á hora de enfocar os nosos traballos e adoramos adaptarnos a novos retos e escenarios en materia de comunicación e formación en igualdade. Amais, definímonos como un espazo colaborativo, un laboratorio de ideas.  

Experiencia

Contamos con experiencia en comunicación económica, social (sensibilización, igualdade, violencia de xénero, comunicación e rural…), deportiva, política, de moda, musical, institucional, en movementos sociais e gastronómica; organización de eventos e protocolo.

Contacta

Non dubides en nos chamares, en escribíresnos ou enviáresnos un DM ao noso Instagram ou Linkedin. Estaremos encantadas de te coñecer e buscar a mellor forma de te axudar a ti e o teu proxecto.

 

659 07 56 57

comunicacion@treboada.gal

@treboadacomunicacion

Info

A fundadora? Sara Outeiral, comunicadora especializada en comunicación inclusiva e violencias machistas.

 

“A comunicación é o motor do cambio.” 

treboada

“Choiva intensa e súbita que pode ir acompañada de vento e que adopta ter pouca duración”